Saltar para o conteúdo
PodcastsHistóriaAquí faltan páxinas

Aquí faltan páxinas

Deputación de Pontevedra
Aquí faltan páxinas
Último episódio

73 episódios

  • Aquí faltan páxinas

    Avance - Cruz Risco. Pioneira do cinema galego

    23/09/2026 | 4min
    Cruz Martínez-Risco é unha figura clave do cinema galego, soterrada durante moitas décadas baixo a lousa dun inexplicable silencio. Filla serodia do intelectual Vicente Risco, estudou Xornalismo en Madrid e posteriormente formouse en Socioloxía e Dirección e Cinema na Universidade de París 8, nun contexto de renovación cultural tras o Maio do 68. Alí coñeceu outras estudantes que formaron con ela o Grupo 4, un colectivo de cineastas no que tamén participaban Elisabeth Aguirre, Pilar del Caz e Begoña Zanguitu. No verán de 1977, as catro mulleres viaxaron a Galicia para rodar o documental Por que marchamos, traballo fin de carreira de Cruz. O filme, de algo máis de media hora de duración, amosa como as galegas e galegos emigrados en Francia, ao volver a Galicia no verán, facían exhibición dunha riqueza que non tiñan, especialmente nas procesións relixiosas, que enchían de billetes. Coa integrante galega guiando a rodaxe, rexistraron escenas singulares en romarías, o que significou unha memoria audiovisual de gran valor para a identidade galega. A pesar de proxectarse en festivais coma a Seminci e en aldeas e cidades galegas, a cinta perdeuse, e só se conserva unha memoria escrita que documenta o seu contido e intencións. Cruz Risco tamén exerceu de técnica de son en títulos coma Le Musée fantôme (Jean Lassave, 1974); filmou a caída do réxime salazarista e o ronsel do 25 de abril; colaborou con Iñaki Núñez Rozados en Toque de queda (1976); rodou a curta Villa Los Ángeles mentres vivía en Altea (Alacant); escribiu con Emilio Pérez Calviño en Galicia o guión de Meiga; colaborou con Chano Piñeiro en Esperanza (1986); e fixo o son de Río de sombras (Daniel Domínguez, 1986). A investigación que comeza a agromar arredor da súa figura revela unha muller moderna, culta, rebelde e libre, e unha das primeiras galegas que se tentou profesionalizar no cinema. Pioneira esquecida, empeza hoxe a recoller recoñecementos tardíos que iluminan a creación audiovisual feminina en Galicia.
  • Aquí faltan páxinas

    MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo

    16/09/2026 | 41min
    Corría o ano 1981 cando Marina Ledo ingresou na Policía Local de Vigo. Foi unha das tres axentes da primeira promoción con mulleres. Dous anos despois, en 1983, vestiu o uniforme Begoña Villar. En 1985, fartas de que a cidadanía falase só cos seus compañeiros homes, fixeron historia ao converterse na primeira parella de mulleres policías locais que patrullaban xuntas as rúas de Vigo. Nun momento en que a presenza feminina nos corpos de seguridade era minoritaria, a súa incorporación en equipo simbolizou un cambio de mentalidade e un paso cara á igualdade real no ámbito policial. Ambas superaron as probas de acceso nunha convocatoria aberta e tiveron que afrontar non só o reto profesional de garantir a seguridade cidadá, senón tamén prexuízos e estereotipos de xénero.
    Ao principio dirixían o tráfico con saia, tacóns e bolso, o que reforzaba estes estereotipos e limitaba a súa capacidade de movemento. O seu traballo nas patrullas destacou polo trato próximo coa veciñanza e a capacidade de resolución en situacións complexas. Co paso dos anos, a súa experiencia contribuíu a normalizar a presenza de mulleres en todos os servizos e rangos da Policía Local e inspirou moitas novas axentes que hoxe, grazas ao camiño que abriron estas pioneiras, ven na Policía unha profesión onde hai lugar tamén para elas.
  • Aquí faltan páxinas

    Avance -MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo

    27/08/2026 | 6min

    AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade

    19/06/2026 | 1h 3min
    O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas.
    Aínda que as cifras seguen revelando unha menor porcentaxe de mulleres en cargos directivos, a tendencia é ascendente e o seu recoñecemento no sector aumenta, abrindo camiño para novas xeracións que vinculan viño, territorio e identidade. Exemplos coma o de Anónimas Viticultoras, que este ano acadou o Premio Isabel Mijares na categoría de mellor novo proxecto, dentro da Barcelona Wine Week, talvez o máis prestixioso dos salóns do viño que se celebran na península ibérica, revelan un cambio de paradigma. O seu proxecto comezou no 2016 no corazón do Salnés grazas á unión dos talentos da enóloga Cristina Yagüe e da adegueira María Falcón para fundar unha iniciativa que se levanta sobre dúas premisas: outorgarlle visibilidade á figura da muller, fundamental pero desapercibida para o gran público no ámbito da vitivinicultura, e extraerlles todo o seu potencial ás moitas e potentes variedades de uva que crecen en Galicia.
  • Aquí faltan páxinas

    AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade

    17/06/2026 | 5min

Mais podcasts de História
Sobre Aquí faltan páxinas
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Sítio Web de podcast

Ouve Aquí faltan páxinas, Senhores do Algoritmo e muitos outros podcasts de todo o mundo com a aplicação radio.pt

Obtenha a aplicação gratuita radio.pt

  • Guardar rádios e podcasts favoritos
  • Transmissão via Wi-Fi ou Bluetooth
  • Carplay & Android Audo compatìvel
  • E ainda mais funções
Aquí faltan páxinas: Podcast do grupo
Aplicações
Social
v8.23.3 | © 2007-2026 radio.de GmbH
Generated: 10/11/2026 - 4:35:23 AM